Funcións para docente

Funcións para docente

Neste apartado descríbense as diferentes opcións que ten o profesorado para colaborar co/a titor/a e engadir os informes que se lle solicitan.

Ao seleccionar a opción Espazo Titorías, previamente escollendo un dos grupos dos que é profesor/a, aparece a pantalla coa listaxe dos informes solicitados para o seu alumnado.

O/a docente poderá filtrar por estado ou por aqueles informes para os que exista algún feedback por parte do/a titor/a.

Imaxe
titorias

Na listaxe de informes solicitados aparecen as columnas:

  • Materia.
  • Apelidos e nome (do/a alumno/a).
  • Data de solicitude do informe.
  • Data da titoría.
  • Estado.
    • Pendente.
    • Enviado.
    • Pechado.
  • Accións.
    • Visualizar o informe  
    • Engadir informe   Só dispoñible se a titoría non venceu e o estado da mesma á "Pendente" ou “Enviado”.
    • Visualizar o feedback do/a titor/a sobre a titoría  
 
Engadir informe

Para engadir o seu informe, o/a docente debe acceder mediante a icona de edición á pantalla para cubrir os datos. Nesta pantalla pode consultar os datos da solicitude así coma os comentarios particulares do/a titor/a.

Pode cubrir os datos do informe e premer no botón “Gardar comentarios” para gardar os cambios. Se desexa facer o envío e que os seus comentarios sexan visibles polo/a titor/a debe premer no botón “Enviar informe”. Dende este momento o/a titor/a terá acceso aos seus comentarios. Poderá continuar modificando o seu informe ata a data da titoría a non ser que o/a titor/a decida pechalo previamente. Nese caso o acceso en modo edición non estará habilitado.

 

Imaxe
titor
 
Visualizar o feedback sobre a titoría

Unha vez finalizada a titoría, o/a titor/a poderá enviar ao profesorado as súas conclusións. Cando un docente recibe un feedback, na columna accións aparecerá a icona    . A cor da icona será vermella se o/a docente aínda non o visualizou.

Imaxe
titor

 

Ao premer na icona de cor vermella    leva á pantalla do detalle do feedback.

Imaxe
titor