Espazos
Introdución
O portal espazoAbalar (https://espazoabalar.edu.xunta.gal) é o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade. Trátase dunha moderna plataforma de última xeración desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) coa finalidade de:
- Achegar a educación aos cidadáns, incrementando a eficacia dos servizos que se lle proporcionan.
- Desenvolver as TIC no ámbito educativo, fomentando a participación e motivación do alumnado, das familias e de todos os colectivos que forman parte da comunidade escolar.
- Proporcionar funcionalidades específicas para os distintos colectivos que integran a comunidade educativa.
O portal espazoAbalar actualizou a súa imaxe e conta cunha gran variedade de contidos que están dispoñibles para toda a comunidade educativa, polo que calquera usuario poderá acceder e consultar a información e funcionalidades que se presentan.
Ao longo desta guía, mostraranse as diferentes funcionalidades e servizos que ofrece o portal para aqueles usuarios/as que dispoñan de acceso autorizado.
Imaxe
