Espazos
Xustificar faltas
Importante: Para poder realizar a xustificación a través deste apartado deberase ter en conta o proceso que cada centro teña á hora de admitir a xustificación das faltas e a quen se dirixirán (profesorado titor, especialistas,...). Ademais cada docente poderá decidir se admite ou non a xustificación de faltas a través deste recurso.
Imaxe

Ao premer en Xustificar faltas, no caso de haber faltas sen xustificar poderase realizar esta xustificación.
- Aparecen os datos da falta (materia, sesión e tipo).
- Poderase xustificar a falta ben engadindo texto ou unha imaxe do documento xustificativo (premendo en Seleccionar archivo poderase localizar a imaxe que xustifique a falta de asistencia).
- Premer en Xustificar as faltas (no caso de haber máis dunha) para enviar a xustificación.
Imaxe

Ao enviar a xustificación aparece este aviso que indica que foi enviada.