Incidencias na aula

Incidencias na aula

 

No despregable Accións seleccionar Incidencias na aula.

Unha vez se abre este apartado, aparece a lista do alumnado e ao carón das persoas responsables do/a alumno/a indica se están subscritas na aplicación móbil e na web, coñecendo previamente os responsables que poden recibir estas comunicacións.

Neste intre permite Ver incidencias creadas e tamén, da a opción de Crear comunicación para o alumnado do grupo seleccionado.

Imaxe
Incidencias

 

Despois de premer en Crear comunicación hai que completar os campos  Comunicación Individual, coma se fose o asunto dun correo electrónico; e as Observacións, coa comunicación pertinente. Unha vez descrita a incidencia, poderase seleccionar aos responsables aos que se lle quere enviar. Pódese elixir se a comunicación tamén se lle notifica á xefatura de estudos e/ou a persoa titora. Finalmente hai que premer en Gardar para efectuar o envío.

Imaxe
Incidencias Crear

 

Ao rematar poderase acceder ao apartado Ver incidencias creadas. Para revisar as comunicacións enviadas e ver se foron lidas ou non polas persoas responsables do alumnado, premendo en Ver Detalle.

Imaxe
Incidencias cradas