Laboratorio de eclipses. Experimentar para comprender

 

Nesta microsecuencia vas realizar tres experiencias para investigar como ocorren os eclipses solares. Estas actividades están inspiradas en propostas educativas do Exploratorium e en recursos divulgativos da NASA sobre eclipses.

Cada experiencia ten un nivel recomendado (aínda que, se che apetece e o teu profe o propón, podes probar máis dunha):

1) “Eclipses solares co polgar”

  • Para quen é? Principalmente para Educación Primaria (tamén funciona como activación rápida en Secundaria).
  • Que vas descubrir? Como se forman un eclipse total, parcial e anular usando o teu polgar como “Lúa”, o teu ollo como “Terra” e a cara dun compañeiro/a como “Sol”.

2) “Aliñamento perfecto (tamaño aparente)”

  • Para quen é? Principalmente para Educación Secundaria (e ampliable en Bacharelato).
  • Que vas descubrir? Por que o Sol e a Lúa, aínda que sexan moi diferentes de tamaño real, poden verse do mesmo tamaño desde a Terra: a clave está na relación entre tamaño e distancia.

3) “A escala do eclipse (tamaño e distancia nun modelo)”

  • Para quen é? Principalmente para Bacharelato (e 4º ESO con bo apoio e espazo suficiente).
  • Que vas descubrir? Como construír un modelo a escala que respecte tamaños e distancias, para entender por que non hai eclipses todos os meses e por que o aliñamento debe ser moi preciso.

 

 

 

Cesta de materiais

Os materiais necesarios de cada experiencia están identificados cunha letra diferentes

“Eclipses solares co polgar” Puntos 

 

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1

Observa o problema (sen mirar ao Sol)

Saíde ao patio ou asomádevos a unha zona iluminada. Mirade o chan e buscade sombras.

 

Pregunta clave:

Como podo saber onde está o Sol sen miralo? Escribe unha frase coa túa idea inicial.
 Paso 2

Lanza a túa hipótese

Completa unha destas frases:

  • "Creo que o Sol está nesa dirección porque…”
  • “Se poño un obxecto vertical, entón a sombra…”
  • “Se fago un burato pequeno, entón verei…”
Paso 3

Constrúe un detector simple (coa sombra)

Coloca un lapis ou regra “de pé” (vertical) sobre o chan. Marca cunha tiza ou cun papel onde cae a sombra.

Conclusión rápida: a sombra apunta na dirección contraria ao Sol.

Observa:

  • A sombra é longa ou curta?
  • Cara a onde apunta?
Paso 4

Constrúe o teu “Punto de Sol” (proxección segura)

  • Recorta un cadrado de cartón (20x20 cm aprox.).
  • Fai un burato moi pequeno no centro (cunha agulla).
  • Coloca outra folla branca detrás como pantalla.
  • Apunta o cartón cara ao Sol sen miralo: move o cartón ata que na pantalla apareza un puntiño brillante. Ese puntiño é unha imaxe do Sol proxectada.
Imaxe
Punto de Sol
Paso 5

 Axusta e mellora 

Proba cambios e compara:

  • Que pasa se o burato é máis grande?
  • Que pasa se afastas máis a pantalla?
  • Que ocorre se inclinas o cartón?

 

Rexistra que versión se ve mellor e por que.

Paso 6

Explica os teus resultados

En grupo, preparade unha mini explicación:

  • Como atopaches o Sol sen miralo?
  • Que método foi máis preciso?
  • Por que aparece un círculo de luz?

Podes presentalo como: debuxo con frechas e etiquetas, mini informe (5 liñas) ou foto con anotacións.

Paso 7

Probas antes do día do eclipse (Testear)

  • Colocar un obxecto entre o Sol e o burato para simular a Lúa (pelota pequena, tapa de botella, bóla de papel, canica).
  • Mover o obxecto lentamente e observar como cambia a proxección.

    Tips docentes

    Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

    Hipóteses suxeridas ao alumnado

    • “Se a sombra apunta cara alí, entón o Sol está na dirección contraria.
    • “Se fago un burato pequeno, poderei proxectar a luz do Sol nunha pantalla.”
    • “Canto máis lonxe estea a pantalla, máis grande se verá o punto de luz, pero menos brillante.”
    • “Se o burato é demasiado grande, a imaxe verase borrosa.”

    Cuestións guía posibles

    • Por que non é seguro mirar ao Sol?
    • Que relación hai entre a dirección da luz e a dirección da sombra?
    • Por que o punto proxectado é redondo aínda que o burato non o sexa?
    • Que mellora máis a imaxe: distancia, tamaño do burato ou estabilidade?
    • Que diferenza hai entre mancha de luz e imaxe proxectada?

    Estratexias para rexistrar o proceso
    Táboa de observación rápida:

    • Proba
    • Tamaño do burato
    • Distancia pantalla
    • Vese o Sol?
    • Nitidez (1-5)

    Diario científico breve (3 momentos):
    Antes pensaba… / Probei… / Agora creo…

    Evidencias visuais:

    Foto da montaxe + foto da proxección + esquema con frechas

    Futuros experimentos ou investigacións

    • Construír unha cámara escura cunha caixa de zapatos.
    • Medir como cambia o tamaño aparente do Sol proxectado ao variar a distancia.
    • Relacionar o experimento con:
      • eclipses solares
      • fases da Lúa (diferenza entre fase e eclipse)
      • seguridade científica e bulos (“mirar con radiografías”, etc.)

    Deseñar un protocolo de observación segura para o centro escolar.

    Explicación científica
    • A luz do Sol viaxa en liña recta.
    • Un burato moi pequeno actúa como un “selector” de raios: só deixa pasar unha parte estreita do feixe de luz.
    • Esa luz forma na pantalla unha imaxe do disco solar (non é só un reflexo).
    • Se o burato é grande, entran moitos raios desde diferentes puntos e a imaxe vólvese borrosa.
    • A sombra aparece porque un obxecto bloquea a luz: por iso a súa dirección indica de onde vén a iluminación (e, polo tanto, onde está o Sol en sentido contrario).
    A túa clase nun clic

    Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

    Imaxe
    4
    Imaxe
    cast