Enquisas de grupo

Enquisas de grupo

As enquisas de grupo son un tipo de contido que únicamente está dispoñible dentro dos grupos, é dicir, non é posible crear enquisas para uso individual.  

As enquisas poden ser creadas polo(s) administrador(es) ou propietario(s) do grupo e as persoas integrantes do grupo poden participar en calquera momento en todas as enquisas creadas.

Imaxe
Enquisas

 

Desde o menú "Máis - Enquisas" podemos ver a listaxe de todas as enquisas creadas en todos os grupos nos que participamos e se entramos en calquera dos grupos aos que temos acceso, podemos acceder ás enquisas do grupo desde o menú de grupo e/ou desde o widget que se crea na páxina inicial de grupo.

Imaxe
Enquisas de grupo

Como se crea unha enquisa de grupo

En primeiro lugar, premer sobre o botón "Engadir unha nova enquisa".

Imaxe
Crear enquisa

A continuación móstrase o formulario de creación da enquisa no que se presentan os seguintes campos que deberemos cubrir:

  • Título: Este é o título da enquisa, que se mostrará na listaxe de enquisas do grupo. Este campo está pensado para introducir un pequeno texto que identifique a esta enquisa. É un dato obrigatorio.
  • Descrición: Neste campo introduciremos a pregunta ou a cuestión que desexemos consultar cos membros do grupo. Non é un campo obrigatorio, xa que poderíamos utilizar o campo "Título" para este mesmo fin.
  • Respostas: Son os campos onde escribiremos as distintas opcións de resposta da enquisa. Cada vez que escribimos unha posible resposta, engádese un novo campo en branco para poder escribir máis opcións.
  • Data de peche: Permite establecer unha data de peche da enquisa, de maneira que xa non será posible participar na enquisa despois desa data. Non é un dato obrigatorio xa que cada usuario só pode votar unha única vez e ninguén pode cambiar o seu voto despois de votar, polo que esta data está desactivada por defecto.
  • Etiquetas: Da mesma maneira que calquera outro contido de Agueiro, as enquisas tamén poden etiquetarse como método de  clasificación de contidos.
  • Tipo de gráfico: Os dous tipos de gráficos dispoñibles para mostrar os resultados son: gráfico circular e gráfico de barras.
  • Comentarios: Debes seleccionar esta opción se desexas permitir que os participantes na enquisa poidan escribir comentarios adicionais.
  • Acceso: Por defecto, os únicos usuarios que teñen acceso á enquisa son os membros do grupo (Acceso = Membros) pero o creador da enquisa pode decidir asignarlle permiso de acceso "Privado" ou permiso de acceso "Usuarios rexistrados".
Imaxe
Enquisa


Despois de crear a enquisa, o seu aspecto será similar ao que se mostra na imaxe que aparece a continuación.

Imaxe
Enquisa


Despois de votar na enquisa, móstranse os resultados en forma de gráfico de barras ou gráfico circular, según as opcións seleccionadas polo creador da enquisa.

Imaxe
Enquisa

Na seguinte imaxe móstrase o resultado da enquisa en forma de gráfico circular.

Imaxe
Enquisa