Hoxe, 28 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Protección de Datos, data proclamada en 2006 polo Consello de Europa co obxectivo de informar e concienciar sobre os dereitos e obrigacións en materia de protección de datos.
En todo o ámbito europeo, a norma que garante a protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais é o Regulamento xeral de protección de datos ou RXPD.
Pola súa banda, a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) adapta a lexislación española ao devandito Regulamento.
Aproveitando esta data, lembramos que a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) é a  autoridade de control encargada de supervisar a aplicación do RXPD e a LOPDGDD. As súas resolucións adoitan ser noticia polo importe das súas sancións ás entidades do sector privado, pero a AEPD desenvolve outras importantes funcións.
 
 
	
		
			| 
				
					
						| 
							
								
									| Cales son as funcións principais da AEPD? |  |  | 
		
			| 
				
					
						| 
							
								
									| 
										
										Exercicio de dereitos: a AEPD tutela os dereitos que a normativa vixente recoñece ás persoas interesadas a fin de que sexan debidamente atendidos polos responsables do tratamento.
										Reclamacións: a AEPD xestiona as reclamacións das persoas que detecten algún incumprimento da normativa respecto dos seus datos persoais.
										Menores: a AEPD dispón de canles de consulta específicas ás que acudir ante cuestións relacionadas co tratamento de datos de menores. Están dispoñibles en https://www.tudecideseninternet.es/aepd/
										Canle prioritaria para a retirada de contidos sensibles: a AEPD ofrece unha canle prioritaria para solicitar a retirada de imaxes ou audios de contido sexual ou violento  publicados en Internet sen o consentimento das persoas afectadas (https://www.aepd.es/canalprioritario/)
										Funcións consultivas: regúlanse na  Instrución 1/2021, do 2 de novembro da AEPD  as seguintes funcións consultivas da AEPD: 
											Relacionadas coa actividade normativa, tanto lexislativa como regulamentaria.Dirixidas ás persoas interesadas ou  á cidadanía, cando estas as soliciten.Consultas elevadas polos Delegados/as de protección de datos (DPD): a AEPD pode ser consultada polos DPD baixo certos requisitos.Función consultiva específica, cando as conclusións dunha avaliación de impacto amosen que o tratamento ao que se refire entrañaría un alto risco. |  |  | 
		
			|  |