Espazos
A opción "Mensaxería" é unha funcionalidade que permite comunicarse coas familias do alumnado de diferentes formas en función da opción escollida.
Cando se entra neste apartado aparecerán as diferentes mensaxes intercambiadas cos responsables do alumnado.
|
Imaxe
![]() |
Segundo a icona que aparece, poderase identificar o tipo de mensaxe que é: Imaxe
![]() |
|
Cando se preme no + para enviar unha nova mensaxe, da a opción de admitir resposta por parte do destinatario e de poñerlle un pequeno título coa temática da mensaxe.
O límite máximo de caracteres dunha mensaxe será de 1.000 caracteres, irán descontándose visualmente mediante un contador preto da zona de escritura segundo se vaia escribindo.
|
Imaxe
![]() |
As mensaxes enviadas polo profesorado sairán con fondo azul e as recibidas amosaranse con fondo gris.
|
Imaxe
![]() |
- MENSAXE PRIVADA
Ao crear unha mensaxe privada primeiro hai que localizar o grupo ao que pertence a persoa ou persoas coas que se quere abrir unha conversa privada. A continuación, escríbese o texto a enviar e por último, elíxense as persoas do grupo ás que se lle quere mandar a mensaxe privada.
|
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |
-Apercibimento (só dipoñible para alumnado de FP e adultos)Mensaxe privada
Cando o grupo de alumnado que se elixe para o envío dunha mensaxe privada é das ensinanzas de formación profesional ou adultos, aparece a opción de crear un apercibimento.
|
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |
Cando se elixe que non é un apercibimento, funcionaría coma a mensaxería privada anterior. Mais cando se selecciona que si, será preciso escoller:
-
Tipo de información: comunicación ou apercibimento, da perda do dereita a avaliación continua ou da baixa de oficio da matrícula.
-
Alumnado que se vai informar.
-
Texto que se enviara na mensaxe.Mensaxe privada
- MENSAXE DE DIFUSIÓN
As mensaxes de difusión van dirixidas a un grupo completo, pero só o remitente recibe as respostas dos responsables.
|
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |

- SALA
Cando se crea unha sala, pode ir dirixida a un ou varios grupos completos, neste tipo de mensaxería todas as respostas se visualizan por todos os compoñentes do grupo. Os responsables poden decidir se aceptan entrar na sala, visualizar os participantes (responsables e alumnado) e abandonala cando o consideren.
|
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |















