Citas de titoría

Citas de titoría

Esta funcionalidade permite xestionar as citas de titorías solicitadas polas persoas responsables (pai, nai, titor/a, ...) do alumnado.

Imaxe
abalarPro
Imaxe
abalarPro

Este apartado de Citas de titorías consta de 3 seccións principais:

  • Titorías pendentes de confirmar. As titorías pendentes son as titorías solicitadas polas persoas responsables que están pendentes de confirmación ou anulación por parte do docente.
  • Titorías confirmadas. As titorías confirmadas son aquelas que foron aceptadas por parte do docente.
  • Titorías anuladas. As titorías anuladas son citas que estaban pendentes de confirmar ou que xa estaban confirmadas e que, por algún motivo, foron anuladas. Esta anulación pode levala a cabo tanto o profesorado coma as persoas responsables do alumnado.

 

Confirmación de titorías


Esta funcionalidade permite xestionar as citas de titorías solicitadas polas persoas responsables do alumnado.

Imaxe
abalarPro
Imaxe
abalarPro
  1. Seleccionar a titoría que se quere confirmar.
  2. A persoa solicitante expón a súa preferencia (día e hora) así coma as observacións que considere.
  3. Para confirmar a titoría é posible escribir unha mensaxe na zona de escritura “Motivo de aceptación/anulación” se así se desexa ou poderase deixar en branco.
  4. Finalmente deberase premer o botón Confirmar. A cita quedará confirmada e pasará automaticamente á sección de Titorías confirmadas.

 

Anulación de titorías

 

Panel: Citas de titorías Titoría pendente de confirmar Titoría xa confirmada
Imaxe
abalarPro
Imaxe
abalarPro
Imaxe
abalarPro

Esta funcionalidade permite anular as citas de titorías solicitadas polas persoas responsables do alumnado ou as xa confirmadas.

  1. Seleccionar a titoría que se quere anular.
  2. Para anular unha titoría é obrigatorio escribir unha mensaxe na zona de escritura Motivo de aceptación/anulación.
  3. Finalmente deberase premer o botón Anular. A cita quedará confirmada e pasará automaticamente á sección de Titorías anuladas.