Faltas

Faltas

Desde o apartado de “Faltas” pódese acceder ás faltas de asistencia e de conduta do alumno/a. Ademais, pódese consultar o estado das mesmas, e poderase xustificar as que se atopen en estado pendente (no caso de que o/a docente teña activada esta posibilidade).

Imaxe
Menu faltas
Imaxe
123
Ao entrar no perfil do/a alumno/a poderase ver se hai novidades, xa que se mostrará un número indicador na primeira icona da esquerda.
Imaxe
Lista de faltas
Imaxe
detalle faltas
Aparece a lista de faltas de asistencia (o día e hora) ademais do estado da mesma e ao premer na falta poderase ver o detalle da mesma.
Imaxe
detalle faltas
Imaxe
123

 

Xustificación das faltas.


Dende este apartado no que se visualizan as faltas, poderase xustificar a falta de asistencia no caso de que o/a docente teña activada esta posibilidade. Tamén verá a evolución do estado das faltas.
Ao carón de cada falta aparece un círculo de diferentes cores que teñen os seguintes significados:

Imaxe
Vermello
Falta pendente de xustificar.
Imaxe
laranxa
Falta xustificada polas persoas responsables pero que aínda non foi aprobada polo/a docente.
Imaxe
verde
Falta xustificada polo/a docente.
Imaxe
gris
o/a docente non ten activado o servizo de xustificación de faltas de asistencia.
Poderase engadir texto ou incluso unha foto dun xustificante (pulsando sobre a icona do "clip"). Ao rematar premendo en Aceptar chegaralle notificación ao docente.
Imaxe
faltas
Imaxe
123
Unha vez xustificada, a mensaxe cambia ata que o/a docente modifique o estado da falta. Na parte inferior da pantalla no apartado de faltas tamén se poderán consultar as faltas de conduta (no caso de que as houbera) pulsando sobre a icona "Conduta".
Unha vez xustificada a falta poderase facer un seguemento do estado da falta e facer un filtrado polo tipo de faltas de asistencia. Dende o mesmo apartado de “Faltas” poderase ver se o/a alumno/a ten marcadas “Faltas de conduta”.