Foguete de auga

Imaxinas lanzar un foguete feito con botellas de refresco e auga? Nesta actividade construiremos un foguete de auga con materiais sinxelos e lanzarémolo usando aire a presión. Ademais, investigaremos que cambios fan que voe máis alto ou máis estable, como a cantidade de auga ou a forma das aletas.

Imaxe
Foguete de auga

 

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1

 

Construímos a punta do foguete

 

  • Colle a botella 1.

  • Corta o cono superior e a boquilla (a parte do pescozo).

Imaxe
wasp 1
  • Introduce a bóla de ping-pong na punta da botella tras extraer a boquilla.

  • Enche o interior con papel de xornal para que quede firme.

Imaxe
wasp 3
 Paso 2

 

Unimos o corpo do foguete

  • Colle a botella 2 (será o corpo).

  • Pega a punta que creaches (botella 1) á parte inferior da botella 2 con cinta americana.

Imaxe
wasp 5

 

Crear soporte (Opcional)

  • A parte sobrante do plástico pódese usar como soporte.
  • Fai un burato (aprox. a metade do soporte) por onde despois pasará a mangueira do inflador.
    Paso 3

     

    Colocamos as aletas (opcional)

     

    • Recorta 3 ou 4 aletas en cartón.
    • Pégaas ao foguete con cinta adhesiva.

     

    Imaxe
    wasp 6

    As aletas axudan a que o foguete vaia recto e non xire.

    Paso 4

     

    Montamos o propulsor

    • Coloca a agulla de inflar balóns no inflador.

    • Atravesa o corcho coa agulla.

    • Comproba que sae aire.

    Paso 5

     

    Lanzamento

    • Enche a botella con auga ata 1/4 aproximadamente.

    • Tapa co corcho conectado ao inflador.

    • Pon o foguete no chan, en vertical e con espazo arredor.

    • Dá presión co inflador e solta.

    Tips docentes

    Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

    Hipóteses suxeridas ao alumnado
    • Se poño máis auga, o foguete subirá máis.

    • Se poño menos auga, o foguete sairá máis rápido.

    • Con aletas máis grandes, voará máis recto.

    • Se o corcho axusta mellor, chegará máis alto.

    • Se cambio a forma da punta, mellora a aerodinámica.

    Cuestións guía posibles
    • Que parte impulsa realmente o foguete: a auga ou o aire?

    • Por que o foguete sae cara arriba se a auga sae cara abaixo?

    • Que ocorre se cambiamos a cantidade de auga?

    • Que función teñen as aletas?

    • Que variables podemos cambiar sen romper o foguete?

    Estratexias para rexistrar o proceso
    • Táboa de probas (número de intento, auga, presión aproximada, distancia, observacións)

    • Fotos ou vídeo do lanzamento para analizar estabilidade

    • Debuxo do deseño final con medidas das aletas

    • Diario de equipo: que cambiamos e por que

    Futuros experimentos ou investigacións
    • Probar tres cantidades de auga: 1/6, 1/4 e 1/3

    • Cambiar o número de aletas: 3 fronte a 4

    • Aletas rectas fronte a inclinadas (xira como un “parafuso”?)

    • Distintos tipos de corcho ou selado con cinta

    • Comparar botellas de distinto tamaño (1,5 L fronte a 2 L)

    • Medir o ángulo de lanzamento (vertical fronte a 70º)

    Explicación científica do proceso

    O foguete funciona polo principio de acción–reacción (3ª lei de Newton): cando o aire a presión empurra a auga cara abaixo e esta sae disparada polo tapón (zona máis débil), o foguete recibe unha forza en sentido contrario e sobe. As aletas estabilizan o voo e reducen xiros descontrolados, mellorando a traxectoria.

     

    A túa clase nun clic

    Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

    Imaxe
    4
    Imaxe
    cast