Ágora dixital
Imaxinas lanzar un foguete feito con botellas de refresco e auga? Nesta actividade construiremos un foguete de auga con materiais sinxelos e lanzarémolo usando aire a presión. Ademais, investigaremos que cambios fan que voe máis alto ou máis estable, como a cantidade de auga ou a forma das aletas.

Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
Construímos a punta do foguete
-
Colle a botella 1.
-
Corta o cono superior e a boquilla (a parte do pescozo).
Imaxe
-
Introduce a bóla de ping-pong na punta da botella tras extraer a boquilla.
-
Enche o interior con papel de xornal para que quede firme.
Imaxe
-
- Paso 2
-
Unimos o corpo do foguete
-
Colle a botella 2 (será o corpo).
-
Pega a punta que creaches (botella 1) á parte inferior da botella 2 con cinta americana.
Imaxe
Crear soporte (Opcional)
- A parte sobrante do plástico pódese usar como soporte.
- Fai un burato (aprox. a metade do soporte) por onde despois pasará a mangueira do inflador.
-
- Paso 3
-
Colocamos as aletas (opcional)
- Recorta 3 ou 4 aletas en cartón.
- Pégaas ao foguete con cinta adhesiva.
Imaxe
As aletas axudan a que o foguete vaia recto e non xire.
- Paso 4
-
Montamos o propulsor
-
Coloca a agulla de inflar balóns no inflador.
-
Atravesa o corcho coa agulla.
-
Comproba que sae aire.
-
- Paso 5
-
Lanzamento
-
Enche a botella con auga ata 1/4 aproximadamente.
-
Tapa co corcho conectado ao inflador.
-
Pon o foguete no chan, en vertical e con espazo arredor.
-
Dá presión co inflador e solta.
-
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Hipóteses suxeridas ao alumnado
-
Se poño máis auga, o foguete subirá máis.
-
Se poño menos auga, o foguete sairá máis rápido.
-
Con aletas máis grandes, voará máis recto.
-
Se o corcho axusta mellor, chegará máis alto.
-
Se cambio a forma da punta, mellora a aerodinámica.
Cuestións guía posibles
-
Que parte impulsa realmente o foguete: a auga ou o aire?
-
Por que o foguete sae cara arriba se a auga sae cara abaixo?
-
Que ocorre se cambiamos a cantidade de auga?
-
Que función teñen as aletas?
-
Que variables podemos cambiar sen romper o foguete?
Estratexias para rexistrar o proceso
-
Táboa de probas (número de intento, auga, presión aproximada, distancia, observacións)
-
Fotos ou vídeo do lanzamento para analizar estabilidade
-
Debuxo do deseño final con medidas das aletas
-
Diario de equipo: que cambiamos e por que
Futuros experimentos ou investigacións
-
Probar tres cantidades de auga: 1/6, 1/4 e 1/3
-
Cambiar o número de aletas: 3 fronte a 4
-
Aletas rectas fronte a inclinadas (xira como un “parafuso”?)
-
Distintos tipos de corcho ou selado con cinta
-
Comparar botellas de distinto tamaño (1,5 L fronte a 2 L)
-
Medir o ángulo de lanzamento (vertical fronte a 70º)
Explicación científica do proceso
O foguete funciona polo principio de acción–reacción (3ª lei de Newton): cando o aire a presión empurra a auga cara abaixo e esta sae disparada polo tapón (zona máis débil), o foguete recibe unha forza en sentido contrario e sobe. As aletas estabilizan o voo e reducen xiros descontrolados, mellorando a traxectoria.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
|
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |

