Espazos
Consellos para limpeza e desinfección
A interacción co panel deixará rastros de sucidade na superficie como consecuencia das pegadas de dedos, po e outros elementos.
Para asegurar unha correcta limpeza e desinfección sen causar danos ao panel:
- Deberanse utilizar sempre panos sen pelusa (ou de microfibra).
- Empregaranse unicamente produtos específicos para limpeza de pantallas de dispositivos electrónicos.
A continuación ofrécense unha serie de recomendacións para a limpeza da superficie da pantalla táctil do panel:
- Apagar o sistema e desconectalo da toma de corrente.
- Humedecer o pano de microfibra coa solución ou produto de limpeza.
- Limpar a superficie da pantalla con movementos circulares suaves para eliminar a sucidade e os residuos do cristal táctil.
- Utilizar un pano seco de microfibra para secar suavemente a pantalla.
- Unha vez efectuados os pasos anteriores volver a conectar a alimentación eléctrica do panel.
Imaxe
![]() |
Debes ter en conta que ... Unha vez apagado o panel, é conveniente eliminar calquera resto de electricidade estática tocando o marco metálico do panel. Débese evitar exercer presións fortes sobre o cristal da pantalla do panel, en especial con obxectos punzantes que podan danar o cristal. En ningún caso debe aplicarse a solución de limpeza directamente sobre a pantalla. O líquido podería filtrarse polas esquinas, o que podería derivar na aparición de puntos negros na pantalla ou incluso dar lugar a un funcionamento incorrecto. O emprego de produtos limpadores non aconsellados (como por exemplo a base de amoníaco) poden destruír a membrana da pantalla e causar decoloracións permanentes. O emprego de toallas de papel ou telas abrasivas, tanto para limpeza como para secado, poden provocar pequenos danos na pantalla táctil. |