Espazos
Actualizar software do panel
Actualización do software do panel
A actualización do software do panel realízase mediante a distribución de imaxes FOTA (Firmware over the air). O proceso consta de dous pasos: descarga e instalación.
- Para a descarga do software o panel debe estar conectado a internet, ben de xeito cableado ou ben mediante unha conexión sen fíos.
Menú Configuración > Sistema > Actualización do sistema
Imaxe

- O primeiro paso será comprobar a existencia de posibles actualizacións, premendo en Comprobar a actualización:
Imaxe

- En caso de existir novas actualizacións dispoñibles aparecerá a seguinte imaxe.
- Premer no botón Descarga.
Imaxe

- Iniciarase a descarga das actualizacións dispoñibles.
- Marcando o check Actualización automática despois da descarga a instalación comezará en canto remate a descarga.
Imaxe

- Unha vez finalizado o proceso de descarga procederase á instalación das actualizacións premendo no botón Instalar .
Imaxe

- Saltará un aviso de actualización con indicación da versión de software a instalar.
- Os oito primeiros díxitos indican a data da versión de actualización (neste caso 21 de xullo de 2023)
Imaxe

- Premendo en Confirmar iniciarase o proceso de instalación.
- É moi importante non interromper o proceso de instalación das actualizacións de software do panel.
- É posible que sexan necesarios varios reinicios ata que se complete o proceso.
Imaxe

- Unha vez finalizada a actualización o panel quedará aceso na pantalla de inicio.
Imaxe
![]() |
Debes ter en conta que... O panel debe estar conectado a internet para a comprobación e descarga das versións de software dispoñibles. A actualización do software consta de dous pasos: descarga e instalación. Corresponde aos centros educativos lanzar as actualizacións dispoñibles de xeito manual para cada panel. É moi importante non apagar o panel durante o proceso de instalación das actualizacións. |