Espazos
O menú Configuración > Rede e Conectividade permite a configuración, entre outras opcións, da rede sen fíos (WI-FI) e da rede cableada (Ethernet).

Configuración da rede cableada (Ethernet)
- O panel conta con dúas rosetas RJ-45 na parte inferior.
- Un cable de rede conectado a calquera das rosetas dará servizo tanto ao módulo Android coma ao módulo OPS.
- No caso de existencia dun servidor DHCP (IP dinámica), simplemente será preciso marcar o check "Obter o enderezo IP automaticamente".

Desmarcando o check anterior será posible establecer a configuración de xeito manual.

Configuración da rede sen fíos edu.xunta.gal
- A conexión do panel á wifi edu.xunta.gal requirirá a creación dunha conta de dispositivo específica para dito panel.

- Premendo sobre a rede detectada será posible configurar os parámetros de conexión. A seguinte imaxe amosa a configuración da conexión do panel á rede sen fíos edu.xunta.gal.


Imaxe
![]() |
Debes ter en conta que ... Os conectores de rede RJ-45 específicos do panel permiten a conexión simultánea tanto do Android coma do módulo OPS cun único cable de rede. É posible empregar o porto RJ-45 non empregado para conectar a internet outro dispositivo diferente mediante cable (o panel cando está acendido ou en modo standby comportáse como un conmutador de rede de 2 portos). |