Esta funcionalidade permite xestionar as citas de titorías solicitadas polas persoas responsables (pai, nai, titor/a, ...) do alumnado.
|
Este apartado de Citas de titorías consta de 3 seccións principais:
- Titorías pendentes de confirmar. As titorías pendentes son as titorías solicitadas polas persoas responsables que están pendentes de confirmación ou anulación por parte do docente.
- Titorías confirmadas. As titorías confirmadas son aquelas que foron aceptadas por parte do docente.
- Titorías anuladas. As titorías anuladas son citas que estaban pendentes de confirmar ou que xa estaban confirmadas e que, por algún motivo, foron anuladas. Esta anulación pode levala a cabo tanto o profesorado coma as persoas responsables do alumnado.
|
Confirmación de titorías
Esta funcionalidade permite xestionar as citas de titorías solicitadas polas persoas responsables do alumnado.
- Seleccionar a titoría que se quere confirmar.
- A persoa solicitante expón a súa preferencia (día e hora) así coma as observacións que considere.
- Para confirmar a titoría é posible escribir unha mensaxe na zona de escritura “Motivo de aceptación/anulación” se así se desexa ou poderase deixar en branco.
- Finalmente deberase premer o botón Confirmar. A cita quedará confirmada e pasará automaticamente á sección de Titorías confirmadas.
|
Anulación de titorías
| Panel: Citas de titorías |
Titoría pendente de confirmar |
Titoría xa confirmada |
|
|
|
|
Esta funcionalidade permite anular as citas de titorías solicitadas polas persoas responsables do alumnado ou as xa confirmadas.
- Seleccionar a titoría que se quere anular.
- Para anular unha titoría é obrigatorio escribir unha mensaxe na zona de escritura Motivo de aceptación/anulación.
- Finalmente deberase premer o botón Anular. A cita quedará confirmada e pasará automaticamente á sección de Titorías anuladas.
|