Rexistro de usuario

Rexistro de usuario

Unha vez descargada a aplicación de abalarMóbil , o primeiro paso será realizar o rexistro creando o usuario e o contrasinal para poder acceder. Este paso só hai que facelo a primeira vez, cando se descarga a aplicación.

Nota: É importante que os datos das persoas responsables do alumnado figuren actualizados na secretaría do centro e no sistema de xestión XADE para poder acceder ás funcionalidades da aplicación.:

Imaxe
rexistro
Imaxe
rexistro
Imaxe
rexistro
Imaxe
rexistro
Poderanse habilitar as notificacións da aplicación. Esta opción facilita a recepción de avisos da aplicación coma este. O primeiro será introducir o número de teléfono. Unha vez introducido o número pulsar en "Enviar"

 

Pódese descargar a aplicación en varios dispositivos, por exemplo no teléfono móbil e na tablet. Neste caso haberá que ter en conta o seguinte:

  • Unha vez finalizado o rexistro no primeiro dispositivo poderase proceder ao rexistro no seguinte dispositivo elixido, utilizando o mesmo número de teléfono.
  • Por motivos de seguridade solicítase un novo contrasinal.
  • Se desexa rexistrar máis dun dispositivo, o último contrasinal elixido será o establecido e co que se accederá desde calquera dos dispositivos.
  • Se se realiza un novo rexistro e aínda se conserva activa a sesión doutro dispositivo, deberase volver a identificar co novo contrasinal.

 

Imaxe
Outro
Imaxe
Outro
Imaxe
Outro
Imaxe
Outro
Recíbese por SMS o código de seguridade. Introduce ese código e pulsa “Enviar”. Solicítaselle un contrasinal, que será o que utilizará para acceder á aplicación. Deberase escribir nos dous recadros e pulsar en "Aceptar" Xa está o proceso de rexistro completado. A continuación pulsarase en "Continuar".
Imaxe
Contrasinal

A partir deste momento, cada vez que se desexe acceder a abalarMóbil deberase introducir o contrasinal elixido, excepto se se marca a opción "Lembrar contrasinal", que soamente se deberá introducir unha vez ao mes.

Cada vez que se intenta acceder a abalarMóbil realízase un control de versións:

  • Se existe unha nova versión obrigatoria, non é posible continuar ata realizar a actualización.
  • Se existe unha nova versión opcional, poderase actualizar ou continuar.