Incrustar un vídeo

Incrustar un vídeo

Procedemento a seguir para poder incrustar un vídeo dentro dunha entrada de blog ou dentro dunha páxina de Agueiro.

  Paso 1

En primeiro lugar, temos que subir o vídeo a Agueiro desde o menú "Máis - Vídeos". Despois de subilo, deberemos agardar uns segundos ata que se realice a conversión automática de formato.

Imaxe
Menú vídeos

 

  Paso 2

  1. Accedemos a ese vídeo e pulsamos o botón "play" para que comence a reproducción.
  2. Paramos a reproducción do vídeo en calquera momento.
  3. Facemos clic co botón dereito sobre o vídeo que está actualmente en "pausa" e seleccionamos a opción "Copiar enlace do vídeo"
MOI IMPORTANTE: Para poder copiar o enlace do vídeo, o propio vídeo debeu iniciar a reprodución e estar en pausa actualmente. Se non se iniciou a reprodución do vídeo, non se mostrará a opción de "Copiar enlace do vídeo".

 

Imaxe
Enlace vídeo

 

  Paso 3

  1. Accedemos a páxina ou blog onde queremos insertar o vídeo e activamos o botón de "Editar"
  2. Na barra de botóns do editor de texto, pulsamos sobre o botón "  Orixe" para poder insertar un código HTML
  3. Insertamos o seguinte código HTML:
    <video controls> <source src="enderezo-URL-do-video"> </video>

    Dentro deste código, substituímos a expresión "enderezo-URL-do-video" pola URL do vídeo que copiamos anteriormente.
    No exemplo que se mostra a continuación podemos ver o código final despois de pegar a URL do vídeo que pretendiamos incrustar.
  4. Finalmente pulsamos o botón "Gardar"
     
Imaxe
Insertar código

 

Se realizamos correctamente todos os pasos anteriores, xa podemos visualizar o vídeo incrustado directamente na páxina ou blog na que estivemos traballando.

Con este procedemento conseguimos que o vídeo permaneza almacenado no repositorio de vídeos e ademáis tamén podemos mostralo de forma incrustada en todas as páxinas ou blogs que desexemos.

Imaxe
Insertar vídeo