Incrustar código

Incrustar código

Agueiro permite incrustar código en case todos os tipos de contido dispoñible (blogs, páxinas, comentarios, foros de debate, ...etc), de maneira que se amplían de forma considerable as funcionalidades de cada unha das ferramentas da plataforma.

Como norma xeral permítese incrustar código CSS, HTML e JavaScript (aínda que con algunhas limitacións de seguridade) polo que utilizando pequenos fragmentos de código podemos enriquecer moito os nosos contidos.

Para poder incrustar código o procedemento a seguir é moi sinxelo e consiste únicamente en pulsar sobre o botón " Orixe" antes de introducir o código, para activar a vista de código.
Despois de introducir o código volveremos a pulsar sobre o mesmo botón " Orixe" para continuar escribindo con texto estándar.

NOTA: Se introducimos código no editor de texto estándar sen pulsar previamente o botón  " Orixe" o editor de texto entenderá que se trata de texto normal, polo que non se executará como código.

Imaxe
Botón orixe

En función do idioma configurado polo usuario este botón tamén pode chamarse "Source" ou "Fuente".