Escribir en cores

Escribir en cores

Procedemento a seguir para poder formatear o texto en cores en Agueiro.
Para aplicar unha determinada cor a un texto, un parágrafo, unha frase ou unha palabra, debemos introducir un pequeno código dentro etiqueta que corresponda.

Exemplos de etiquetas:
  • Parágrafo = <p> </p>   (etiqueta de inicio e etiqueta de fin, as dúas obrigatorias)
  • Contenedor de texto =   <span>  e  </span>   (etiqueta de inicio e etiqueta de fin, as dúas obrigatorias)

 

Imaxe
Dentro das etiquetas

 

Procedemento a seguir:

  1. En primeiro lugar escribiremos o texto normalmente, utilizando o editor de texto de Agueiro.
  2. A continuación pulsamos sobre o botón " Orixe" do editor de texto para poder acceder á vista de código.
  3. Localizamos a etiqueta na que queremos introducir a información de cor (pode ser <p> ou <span> ou calquera outra etiqueta relacionada co texto).
  4. Insertamos o seguinte código dentro da etiqueta (tal como se mostra na seguinte imaxe):
    style="color:red;"
  5. Finalmente pulsamos o botón "Gardar"

NOTA: En lugar da palabra "red" (vermello, en inglés) podemos utilizar calquera outra cor introducindo o seu nome en inglés: red, blue, green, orange, ... etc

 

Imaxe
Texto en cores

 

Se realizamos correctamente todos os pasos anteriores, poderemos ver que o texto da nosa páxina xa se mostra nas cores que introducimos a través de código. Na imaxe que se mostra a continuación podemos ver un parágrafo (etiqueta <p>) en cor vermella e tamén unha única palabra (etiqueta <span>) en cor azul.

 

Imaxe
Texto en cores