Espazos
Entendemos por "blog externo" (ou blog con acceso externo) o que pode ser accesible por calquera persoa que non é usuaria de Agueiro e que coñece a URL específica do blog.
Para que unha persoa anónima (sen acceso a Agueiro) poida visualizar un blog creado por algún usuario de Agueiro, deben darse as seguintes dúas condicións:
- O blog debe ter asignados os permisos de "Acceso = Público"
- A persoa anónima (sen acceso a Agueiro) debe coñecer a URL específica
Nestas circunstancias, as persoas anónimas poden visualizar o contido do blog introducindo a URL específica no seu navegador de internet. A opción de engadir comentarios, aínda que estean activados, só está dispoñible para os usuarios autenticados en Agueiro.
NOTA: Tamén podemos utilizar esta URL específica como ligazón desde outro sitio web.

No bloque de menú da parte dereita da pantalla tamén se mostrará o acceso a aqueles outros contidos do/a creador/a do blog, que teñan configurado o mesmo tipo de permisos "Acceso = Público".
IMPORTANTE:
Todos os contidos configurados con permiso de acceso "público" son accesibles por todos os/as usuario/as de Agueiro desde da solapa "Todo" que correspoda a cada tipo de contido. Neste caso estará accesible desde a solapa "Todo" do menú "Blogs" (1).

Podemos utilizar este mesmo procedemento para habilitar o acceso externo a outro tipo de contidos, como por exemplo as "Páxinas" ou os "Ficheiros". Debemos ser conscientes de que configurar os permisos dun determinado contido con "acceso = Público" non só habilita o acceso a este contido para todas as persoas usuarias de Agueiro, senón tamén para todas as persoas anónimas que coñezan a URL específica do contido. |