Abalarmobil Aviso Legal

Abalarmobil Aviso Legal

Propiedade intelectual

A Xunta de Galicia é titular do dominio de internet de segundo nivel xunta.es

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración autonómica de Galicia.

Con estes servizos preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos da Xunta de Galicia, facilitando así as súas relacións coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cláusula de exención de responsabilidade

O contido facilitado a través desta aplicación emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletíns oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na aplicación, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas as que se fai referencia na aplicación.

A Xunta de Galicia reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Servizo

Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destes servizos.

Termos de uso

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas neste servizo.

Está prohibido utilizar esta aplicación con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

O usuario non poderá acceder ao servizo de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.

Privacidade e protección de datos

A política de privacidade da Xunta de Galicia baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos de AbalarMóbil.

  • Permisos de Android relacionados coa privacidade solicitados por esta aplicación
    • Contactos: 

Permite o acceso a lista de contas de usuarios utilizado por Android.

O permiso solicitado está relacionado co servizo de notificacións, en algúns teléfonos as notificacións móstranse na parte superior do teléfono (área de notificacións). Este permiso utilizase para proporcionar soporte as versións de Android 4.04 e inferiores.

    • Teléfono:

Permite a lectura do estado do teléfono incluíndo o número de teléfono do dispositivo e a información do teléfono (ID dispositivo e versión do Android).

O permiso solicitado utilizase para asegurar que so o usuario rexistrado accede a información, evitando o acceso por parte de terceiros, e xerando unha canle de comunicación cifrada extremo a extremo.

    • Almacenamento:

Permite a lectura e/ou escritura en tempo de execución no almacenamento externo (tarxeta SD).

O permiso solicitado utilízase para gardar datos da sesión de usuario.

  • Outros permisos utilizados por esta aplicación:
    • Internet:

Permite ó acceso a internet

Este permiso utilizase para recibir e enviar información a través da internet. Dende o momento do rexistro todos os datos e información son cifrados a través dunha canle segura co fin de protexer a privacidade da información.

Aviso legal

En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informamos que os seus datos persoais serán tratados e quedarán incorporados nun ficheiro, responsabilidade da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades rexistrado na Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de que os pais ou titores poidan seguir a actividade educativa do seus fillos no móbil, así como para facer chegar comentarios ou incidencias relativas á aplicación.

Os datos que se solicitan resultan necesarios para utilizar a aplicación, de maneira que de non facilitalos non será posible o seu acceso e uso. 

Desta forma, vostede consinte expresamente a recollida e tratamento do seus datos para as finalidades sinaladas.

En todo caso, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, edificio administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, axuntando copia do seu DNI ou, de ser o caso, acreditando representación suficiente. Rogamos que no suposto de que se produza algunha modificación nos datos de carácter persoal, nolo comunique co fin de mantelos actualizados.