Espazos

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ademais do portal espazoAbalar, ofrece abalarPro. Trátase dunha aplicación para o persoal docente que permite consultar e enviar mensaxes ás familias do alumnado a través do teléfono móbil de forma cómoda e rápida, xestionar as solicitudes de titorías e xestionar as faltas do alumnado.
Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación na sociedade dixital do século XXI.
abalarPro únese así a abalarMóbil, unha aplicación para as familias que permite consultar a información de calquera dos seus fillos e interactuar co profesorado a través dos dispositivos móbiles.
A aplicación abalarPro está dispoñible para todo o profesorado dos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
Actualmente a descarga desta aplicación faise desde Google Play Store (se o sistema operativo é Android) e desde Apple Store (se o sistema operativo é IOS).
