Introdución

Introdución
Imaxe
Agueiro
Imaxe
Agueiro

 

Agueiro é unha plataforma en liña que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia ofrecen aos centros educativos galegos como ferramenta para crear a súa propia comunidade educativa dixital, onde poden participar tanto o profesorado como o alumnado do propio centro educativo.

Esta plataforma combina as funcionalidades de rede social educativa, portafolio dixital educativo e plataforma para o traballo colaborativo en liña, polo que Agueiro tamén podería definirse como un "PLE" (Personal Learning Environment) ou Entorno Persoal de Aprendizaxe.

Nesta contorna, tanto os propios centros educativos como o profesorado dos centros de Galicia poden acceder ao seu espazo persoal en Agueiro simplemente introducindo os seus datos de identificación corporativa, é dicir, o mesmo usuario e contrasinal que empregan para acceder á súa conta de correo electrónico "...@edu.xunta.gal".

Así mesmo, os centros educativos poden habilitar as contas de acceso do seu propio alumnado, para que tamén poida dispoñer do seu espazo persoal privado e acceder a todas as funcionalidades propias desta contorna colaborativa.

Agueiro proporciona todas as ferramentas necesarias para a creación de páxinas, blogs, repositorio de ficheiros, repositorio de fotos, repositorio de vídeos, sistema de marcadores, sistema avanzado de etiquetado de contidos... tanto para persoas usuarias individuais como para grupos.

Todas as persoas usuarias de Agueiro poden crear grupos coas características que desexen: grupos abertos, pechados, ocultos, visibles, con acceso só a través de invitación etc. Os grupos proporcionan funcionalidades adicionais para os seus membros, como son os foros de debate, os boletíns de grupo ou o correo interno, existindo incluso a posibilidade de crear grupos relacionados.