Introdución

Introdución

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar a comunicación entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Esta aplicación nace no marco do Proxecto Abalar, unha iniciativa da Xunta de Galicia para impulsar a integración das novas tecnoloxías no ámbito educativo e dar resposta aos retos da educación na sociedade dixital.

abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android). 

Imaxe
QR google play
Imaxe
QR app store

  Dispositivos Huawei
Se o seu dispositivo móbil é da marca Huawei, debe poñerse en contacto coa U.A.C. (Unidade de Atención a Centros) para que lle facilite o enlace de descarga desta app.

Teléfono U.A.C. = 881 997 701

 

abalarMóbil para as familias