Introdución

Introdución

O proxecto Abalar persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos

O proxecto busca maximizar o aproveitamento dos recursos, coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo apoiado na formación do profesorado e a modernización do ensino que suporá a conversión dos centros educativos galegos en centros educativos dixitais.

A estratexia do proxecto Abalar xira arredor do concepto de centro educativo dixital. O centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e persegue dispor de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os axentes da comunidade educativa, na actividade docente, de aprendizaxe e administrativa.

Abalar é unha estratexia educativa global e integradora, definida con obxectivos claramente determinados para maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias da nosa cidadanía, que coordina e impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino.

Abalar recolle, suma e incrementa os recursos existentes para acadar a resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación na sociedade dixital do século XXI.

Imaxe
fondo proxecto abalar