AbalarPro Aviso Legal e Política de Privacidade

AbalarPro Aviso Legal e Política de Privacidade

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo da Aplicación móbil AbalarPro (en diante, “App") que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios da internet.

A Xunta de Galicia é a titular desta App e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través desta App emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido desta App, nin que se atope totalmente actualizada.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na App con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario desta App, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual desta App e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible nesta App, está sometida a dereitos de copia. A información susceptible de reutilización está presente a través do portal xunta.gal, A información que a Xunta de Galicia proporciona a través do portal xunta.gal permite a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño da App e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outra lei aplicable.

Con estes servizos preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos da Xunta de Galicia, facilitando así as súas relacións coa Administración da xeral e do sector autonómico de Galicia.

Cláusula de exención de responsabilidade

O contido facilitado a través desta aplicación emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletíns oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na aplicación, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na aplicación.

A Xunta de Galicia reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Servizo

Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destes servizos.

Termos de uso

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas neste servizo.

Está prohibido utilizar esta aplicación con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

O usuario non poderá acceder ao servizo de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.

Condicións de uso

A información académica e persoal do alumnado está dispoñible na aplicación AbalarPro para que o persoal docente deste poida comunicar toda actualización cos responsables dos alumnos dende o seu teléfono móbil e así utilizar as súas funcionalidades desde calquera lugar de forma cómoda e rápida.

Para poder acceder á aplicación é necesario que o persoal docente introduza as credenciais corporativas, así como un número pin de catro díxitos ou, a autenticación biométrica. AbalarPro non realiza ningún tratamento dos datos biométricos, senón que o tratamento da pegada dactilar se realiza de xeito interno no propio dispositivo.

AbalarPro é unha aplicación que pode descargarse no dispositivo móbil do persoal docente. Non é obrigatorio que estes descarguen a aplicación. No caso de que se realice a descarga, ao estar dentro do dispositivo persoal do docente é necesario que se adopten as medidas de seguridade necesarias para evitar brechas de seguridade. No caso de que exista calquera incidencia, esta debe ser comunicada á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades o máis axiña posible.

Política de Privacidade e protección de datos persoais

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) así como a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle a continuación dos seguintes aspectos

Quen é o responsable do tratamento

O responsable do tratamento é a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Xunta de Galicia (en diante, a Consellería) con domicilio en San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela (A Coruña), web: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Quen é o/a delegado/a de protección de datos

Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Delegados/as de protección de datos - Xunta de Galicia

Finalidades, bases de lexitimación e datos recompilados

Esta aplicación móbil so trata datos persoais facilitados pola propia persoa usuaria e datos persoais dos alumnos dos que se desexa consultar información educativa.

A Consellería levará a cabo o tratamento dos datos na súa condición de responsable para as finalidades e de acordo con as bases de lexitimación mostradas a continuación:

  • O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento en base á Lei orgánica 3/2020, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

Os datos persoais tratados correspóndense coas categorías seguintes:

  • Datos de identificativos e de contacto dos docentes (nome, apelidos, correo electrónico, centro do destino).
  • Datos identificativos do alumnado (nome e apelidos).

Os datos das persoas que se rexistren na aplicación poderán ser utilizados cos seguintes fins:

  • A personalización da información amosada na aplicación, como datos dos alumnos aos que imparte clase.

Os datos dos alumnos que aparecen na aplicación poderán ser utilizados cos seguintes fins:

  • Poñer en coñecemento dos pais, nais ou titores legais a evolución educativa do alumnado.

Permisos

Dentro da App existe o módulo de mensaxería, que se atopa bloqueado, co cal o usuario non pode nin desactivar ni activar o módulo, nin configurar as notificacións para dito módulo. Para non recibir notificacións de mensaxería o único que pode facer a persoa usuaria é desactivar todas as notificacións para esta app desde os axustes do propio dispositivo.

De forma opcional, pódense conceder permisos de envío de notificacións para outros módulos (citas de titoría, xustificación de faltas, etc.), coa finalidade de que mostre as novidades dentro da aplicación. Dentro da app, no apartado de “Axustes” hai unha sección denominada “Activación dos módulos” desde onde a persoa usuaria pode decidir que módulos activar e de qué forma. Neste apartado aparecen as seguintes opcións:

  • Non recibir comunicacións
  • Recibir notificacións, dentro desta opción encontramos as seguintes subopcións:
    • Recibir correo-e
    • Recibir push (notificacións vía alertas no dispositivo móbil)

Devanditos permisos poderán ser modificados cando a persoa usuaria desexe desde os axustes do dispositivo. Pero tamén poden modificarse devanditos permisos desde a propia aplicación. No apartado de "Axustes" e “Activación dos módulos”.

Prazo de conservación dos datos

Os datos conservaranse ata que se cumpra coas finalidades obxecto do seu respectivo tratamento ou mentres non se exerciten os dereitos garantidos.

Cesión ou comunicacións dos datos

Os datos non serán obxecto de cesión ou comunicación a terceiros durante o seu tratamento ou unha vez cumpridos as súas finalidades, durante o seu prazo de conservación, salvo para o cumprimento de obrigacións legais específicas aplicables.

Dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais

Se desexa consultar máis información sobre o exercicio de dereitos pode facelo en: Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais - Xunta de Galicia

Modificación da Política de privacidade

A Xunta resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámoslle que revise a política de privacidade con certa periodicidade.

Máis información

Pode ampliar esta información pulsando aquí

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, a App posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos, como mínimo,  en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba á App, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso da presente App, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.