2026: VI Encontro CIBER.gal

Un ano máis, celébrase o Encontro Ciber.gal, o evento de referencia do ecosistema da ciberseguridade en Galicia. Nesta quinta edición do Encontro, invítaselle ao seu centro educativo a participar na 2º metade do Bloque de Cidadanía o día 6 de novembro na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, entre as 12:30h e as 14:20h . 

Esta parte da xornada está especialmente deseñada para achegar a ciberseguridade ao alumnado de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Grao Básico/1º de Medio de FP, nunha contorna amena, práctico e inspirador. 

Durante a sesión e a través de persoas expertas e actividades dinámicas, o alumnado poderá: 

  • Comprender os riscos de seguridade dixital a través de demostracións e actividades participativas 
  • Aprender a utilizar a intelixencia artificial de forma crítica e responsable 
  • Participar na maxia dun "hacker" en directo 
  • Reflexionar sobre o contido real e falso das redes sociais

Adicionalmente, desenvolveranse actividades lúdicas e formativas en ciberseguridade para o alumnado:

- Ciber Escape Room “Operación Park”: A través de retos, probas e dinámicas de equipo, o alumnado aprenderá a detectar trampas, protexer os seus datos e actuar con rapidez.
- Cyber Area: Coa axuda dun hacker, os participantes penetraranse na Cyber Area, onde competirán por equipos superando diferentes retos e actividades prácticas.
- Visitas aos laboratorios de ciberseguridade de Galicia: Oportunidade para coñecer de primeira man as instalacións dos Laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial. 

No caso de que o seu centro educativo estea interesado en asistir o 6 de novembro á 2º metade do Bloque de Cidadanía, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) financia de forma gratuíta o transporte para acudir ao evento, suxeito ás seguintes características: 

  • Os buses deben ir cubertos con polo menos 85% das prazas (máx. 50 prazas por bus). 
  • A concesión de prazas para asistir ao evento e a posta ao dispor do autobús seguirá unha estrita orde de solicitude ata cubrir capacidade e/o buses dispoñibles, priorizando aqueles centros educativos participantes do programa "Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais" convocado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en colaboración coa Amtega. 
  • O alumnado deberá asistir á totalidade da 2º metade do Bloque de Cidadanía (12:30h a 14:20h). 
  • O alumnado non poderá asistir á primeira parte do Bloque de Cidadanía (de 10.00 a 11.55 h), xa que está dirixida a un público de menor idade. En caso de solicitalo, poderá participar durante ese horario nas actividades adicionais mencionadas ou programar a súa chegada directamente ao comezo da 2º metade do Bloque de Cidadanía. 

En caso de ter interese en asistir á 2º metade do Bloque de Cidadanía, complementando ou non coas actividades adicionais, por favor comunicar a inscricions-encontrocibergal@xunta.gal as seguintes cuestións antes do venres 23 de outubro: 

  • Nome do centro 
  • Clase 
  • Contacto do titor/a 
  • Bus para desprazamento ida e volta (Si/Non) 
  • Número de prazas para o bus (en caso de solicitalo) 
  • Interese en acudir ás actividades adicionais 
    Ciber Escape Room “Operación Park” (Si/Non)
    Cyber Area (Si/Non) 
    Visitas aos laboratorios de ciberseguridade de Galicia (Si/Non) 

    A información completa do evento atópase aquí:
    https://ciberseguridadegalicia.gal/gl/cibergal/eventos/2026-vi-encontro-cibergal