Espazos
O vindeiro 7 de novembro dá comezo a segunda edición do MOOC “Educar en seguridade e privacidade” dirixido a docentes e educadores de todas as etapas educativas e persoas implicadas e interesadas en preservar a seguridade dos menores en Internet que remata o 14 de decembro cunha duración semanal de 5 horas, en modalidade teleformación.
Esta formación realízase grazas á colaboración entre o Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF).
Os asistentes poderán mellorar as súas habilidades dixitais, orientar ao alumnado sobre o uso seguro e responsable de Internet e promover a ciberconvivencia, entre outras competencias que son obxecto do curso.
As persoas interesadas poden inscribirse aquí
Máis información aquí
