Aberto prazo de inscrición para a II Edición do Concurso Ciberseguridade no cole! para alumnos de 10 a 14 anos. Ata o 10 de outubro os centros educativos poderán rexistrarse para participar

Chega a II Edición do exitoso concurso Ciberseguridade no cole! Dende hoxe ata o 10 de outubro está aberto o prazo de inscrición. 

O concurso está dirixido aos niveis de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria. Esta actividade, organizada por Telefónica, é promovida polo Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal no marco do II Encontro CIBER.gal. 

O obxetivo do concurso é concienciar aos escolares sobre os riscos aos que se enfrontan cando empregan as tecnoloxías dixitais á vez que poden aprender sobre boas prácticas en ciberseguridade no seu día a día dun xeito ameno e divertido acorde á súa idade. 

Ciberseguridade no cole! contará de novo cunha fase en liña que será celebrada o 20 de outubro, e unha final presencial o día 10 de novembro ás 10:00h na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Para participar, é preciso inscribirse neste formulario  antes do 10 de outubro. 

 Os detalles do concurso e as súas bases legais poden consultarse nas seguintes ligazóns:

 

No Encontro CIBER.gal, promovido é organizado polo nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal,  tamén haberá outras actividades de interese para o todo o colectivo educativo. Ao rematar este concurso, de seguido celebrarase unha obra de teatro enfocada á contorna educativa, que tratará sobre importantes riscos asociados co uso da tecnoloxía, como poden ser a ética nas redes sociais, privacidade... Unha actividade novedosa que de seguro ensinará aos rapaces a mellorar o uso das tecnoloxías. Proximamente publicarase o programa completo do encontro e tamén será aberta a inscrición para o resto de actividades.