Espazos
Desde a Area de Sociedade Dixital de Amtega estamos a colaborar con AMIT Galicia (Asociación de mulleres investigadoras e tecnolóxicas) na organización dunha xornada moi especial dirixida a nenos e nenas, e cremos que podería ser de gran interese para os vosos departamentos e o público co que traballades.
A xornada ten como obxectivo dar a coñecer diferentes roles laborais que combinan a ciencia e a tecnoloxía. Participarán dez mulleres como relatoras que traballan en diversos campos, como o académico, administrativo ou empresarial. Queremos amosar as variadas posibilidades que se presentan tras obter unha titulación universitaria, destacando que a formación recibida prepara para enfrontar desafíos que poden non estar directamente relacionados cos contidos estudados.
A actividade desenvolverase no noso Centro GaiásTech e consistirá dun diálogo entre estas profesionais e os nenos, nenas, pais e nais asistentes, permitindo que se expoñan preguntas e se poida conectar de maneira significativa cos temas discutidos.
A actividade celebrarase o venres 27 de setembro no Centro GaiásTech (Cidade da Cultura), en horario de tarde. Cun programa distribuído do seguinte xeito:
16:00 – Recepción de nenos, nenas e pais ou nais
16:30 - Presentación da xornada e do programa de mentorización
Presidenta de AMIT-Gal, representante de AMTEGA
17:00 - 17:40
- Ciencia e empresa
- Sons submarinos
- Medicina personalizada
- Aprendizaxe e tecnoloxía
- Láser na conservación do patrimonio
17:40 - 18:10
- Saídas da enxeñería naval
- Emprendemento con base científica
- Antropoloxía e tecnoloxía
- Vocacións STEM
19:30 - 20:00 - Peche da xornada
Ligazón da web do Centro GaiásTech onde está publicada a actividade e a ligazón á inscrición: https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/aventura-que-me-espera-descu…
