Espazos
Xa está aberto o prazo de inscrición para a VI edición do concurso “Ciberseguridade no cole!”, dirixido a alumnado de entre 10 e 14 anos.
Os centros interesados poderán rexistrarse para participar ata o 5 de outubro.
Esta sexta edición, consolidada como unha actividade de éxito, está dirixida para estudantes de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria. O concurso está organizado por Telefónica e impulsado polo Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal dentro da programación do VI Encontro CIBER.gal.
O obxectivo principal do concurso é sensibilizar aos escolares sobre os riscos que poden atopar no uso das tecnoloxías dixitais e, ao mesmo tempo, ensinarlles de forma amena e acorde á súa idade boas prácticas en materia de ciberseguridade.
Ciberseguridade no cole! desenvolverase en dúas fases: unha primeira proba en liña o 14 de outubro e unha final presencial o 6 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Nesta última, os equipos finalistas participarán nun formato colaborativo.
Ademais, este ano incorpórase por primeira vez o concurso “Debuxando Ciberseguridade no Cole!”, unha iniciativa dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Primaria que busca achegar os conceptos de ciberseguridade aos máis pequenos a través da creatividade e da expresión artística. Nesta primeira edición, a temática proposta será “Profesións da ciberseguridade”, establecéndose dúas categorías independentes, unha para 3º e outra para 4º de
Primaria Para participar, é preciso inscribirse antes do 5 de outubro:
Formulario “Ciberseguridade no cole!” (5º y 6º de Primaria y 1º y 2º de Secundaria)
Formulario “Debuxando Ciberseguridade no cole!” (3º y 4º de Primaria)
Os detalles de ambos concursos e as súas bases legais poden consultarse nas seguintes ligazóns:
“Ciberseguridade no cole!” (5º y 6º de Primaria y 1º y 2º de Secundaria)
- Características básicas (documento adxunto: Flyer)
- Bases legais (documento adxunto: Base)
"Debuxando Ciberseguridade no cole!” (3º y 4º de Primaria):
- Características básicas (documento adxunto: Flyer)
- Bases legais (documento adxunto: Base)
No Encontro CIBER.gal, promovido é organizado polo Nodo CIBER.gal, tamén haberá outras actividades de interese para todo o colectivo educativo. Ao finalizar este concurso, de sucesivo celebrarase unha obra de teatro sobre ciberseguridade enfocada á contorna educativa. Ademais, o evento contará con diferentes actividades dinámicas de formación e concienciación relacionadas coa ciberseguridade.
Proximamente publicarase o programa completo do Encontro e tamén será aberta a inscrición para o resto de actividades.