Concurso “Debuxando Ciberseguridade no Cole!"

Xa está aberto o prazo de inscrición para o concurso “Debuxando Ciberseguridade no Cole!”, unha iniciativa dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Primaria que busca achegar os conceptos de ciberseguridade aos máis pequenos a través da creatividade e da expresión artística. Nesta primeira edición, a temática proposta será “Profesións da ciberseguridade”, establecéndose dúas categorías independentes, unha para 3º e outra para 4º de

Primaria Para participar, é preciso inscribirse antes do 5 de outubro:

Formulario “Debuxando Ciberseguridade no cole!” (3º y 4º de Primaria)

"Debuxando Ciberseguridade no cole!” (3º y 4º de Primaria):

No Encontro CIBER.gal, promovido é organizado polo Nodo CIBER.gal,  tamén haberá outras actividades de interese para todo o colectivo educativo. Ao finalizar este concurso, de sucesivo celebrarase unha obra de teatro sobre ciberseguridade enfocada á contorna educativa. Ademais, o evento contará con diferentes actividades dinámicas de formación e concienciación relacionadas coa ciberseguridade.

Proximamente publicarase o programa completo do Encontro e tamén será aberta a inscrición para o resto de actividades.