Espazos
Nun contexto no que a tecnoloxía está cada vez máis presente nas aulas, resulta fundamental contar con profesionais que impulsen a súa integración e que sirvan de referente para as novas xeracións. Visibilizar o papel das mulleres neste ámbito contribúe a construír unha educación máis inclusiva e un futuro con máis oportunidades para todas.
Elsa, alumna de 11 anos do CEIP da Ramallosa, entrevista a María Teresa Castro, asesora Abalar de zona da AMTEGA. A través desta conversa, achégase o labor dunha profesional que traballa para que a tecnoloxía chegue aos centros educativos e se converta nunha ferramenta útil para o proceso de ensino e aprendizaxe.
María Teresa explica como a súa vocación pola docencia nace do interese por acompañar ao alumnado na comprensión do mundo que o rodea. Destaca o papel da tecnoloxía como un recurso fundamental nas aulas, que permite facer as aprendizaxes máis significativas e adaptadas á realidade actual.
Na súa labor como asesora, traballa en colaboración coa comunidade educativa, facilitando a implantación de ferramentas e programas dixitais. Trátase dunha tarefa clave para garantir unha educación acorde cos retos do presente e do futuro.
Este encontro permite reflexionar sobre a importancia de que nenas e mulleres participen activamente no ámbito tecnolóxico. A tecnoloxía non é cuestión de xénero, senón de interese, formación e oportunidades. Por iso, resulta fundamental fomentar vocacións desde idades temperás e animar ás máis novas a explorar este campo sen limitacións.