Espazos
Co obxecto de impulsar a importancia da ciberseguridade e do uso responsable dos dispositivos e as tecnoloxías desde idades temperás, comprácenos presentarvos o obradoiro “Iniciación segura á pegada dixital e ás Redes Sociais”.
A iniciativa, que parte da colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Amtega, pretende achegar a mozos e mozas de 2º, 3º e 4º da ESO e ciclos formativos de grao básico de FP, o fundamental dunha apropiada xestión da súa identidade dixital. Desde unha perspectiva eminentemente práctica, o obradoiro ensinará a configurar as opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis de actualidade entre nenos e nenas. Pretende ser un punto de inflexión no uso seguro das súas redes sociais máis habituais. Non o dubides e inscribe o teu centro!
Nós contamos contigo, e ti contas connosco?
Hoxe último día de inscrición!. Accede a este enlace para presentar a solicitude: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/47573
Para coñecer máis detalle, achégase o cartel de difusión do evento con toda a información, e un enlace o portal de ciberseguridadegalicia.gal:
