III Evento para o Fomento do Talento Feminino en Ciberseguridade - 'Somos Cibernéticas'

Co obxecto de contribuir a reducir a brecha dixital de xénero no ámbito técnico, comprácenos presentarvos a terceira edición do Evento para o fomento do Talento Feminino en Ciberseguridade: «Somos Cibernéticas».

A iniciativa, liderada desde a Amtega, quere axudar a impulsar que cada vez máis mulleres desenvolvan as súas carreiras profesionais na ciberseguridade. Esta xornada estará composta por dous bloques diferenciados:

  1. Desafíos de ciberseguridade: a través dun taller práctico, as participantes enfrontaranse a 4 desafíos capitaneados por 4 mulleres especialistas en ciberseguridade, que serán as encargada de introducir ás participantes en distintos aspectos relacionados coa ciberseguridade.
  2. Conferencia «Rompendo barreiras: o talento feminino en ciberseguridade (sesión en liña)» a cargo de Belén Pérez: farase unha revisión das diferentes oportunidades educativas e o seu enfoque á inserción laboral en ciberseguridade, desde a propia experiencia de vida da conferenciante.

O evento terá lugar o martes 11 de Xuño, entre as 10:00 e as 12:45 e está orientado a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato, a conferencia que terá lugar as 12:00 poderá ser seguida na modalidade en liña por calqueira persoa interesada nesta materia.

Pódeste inscribir nesta interesante Xornada en liña na seguinte ligazón. Unha vez o teñas feito, recibirás no teu correo instruccións para acceder ás retransmisións.

Nós contamos contigo, e ti contas connosco?

 

Imaxe
Somos Cibernéticas