Espazos
Aberto o prazo de inscrición para a IV Edición do Concurso Ciberseguridade no cole! Para alumnos de 10 a 14 anos. Ata o 7 de outubro os centros educativos poderán rexistrarse para participar.
Chega a IV Edición do exitoso concurso Ciberseguridade no cole!
Desde hoxe ata o 7 de outubro está aberto o prazo de inscrición. O concurso está dirixido aos niveis de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria. Esta actividade, organizada por Telefónica, é promovida polo Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal no marco do IV Encontro CIBER.gal.
O obxectivo do concurso é concienciar aos escolares sobre os riscos aos que se enfrontan cando empregan as tecnoloxías dixitais á vez que poden aprender sobre boas prácticas en ciberseguridade no seu día a día dunha maneira amena e divertido acorde á súa idade.
Ciberseguridade no cole! contará de novo cunha fase en liña que será celebrada o 15 de outubro, e unha final presencial o día 7 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, que como novidade, terá un formato colaborativo entre todos os equipos finalistas. Para participar, é preciso inscribirse neste formulario antes do 7 de outubro.
Os detalles do concurso e as súas bases legais poden consultarse nas seguintes ligazóns:
Características básicas (ficheiro adxunto)
Bases legais (ficheiro adxunto)
No Encontro CIBER.gal, promovido é organizado polo Nodo CIBER.gal, tamén haberá outras actividades de interese para todo o colectivo educativo. Ao finalizar este concurso, de sucesivo celebrarase unha obra de teatro sobre ciberseguridade enfocada á contorna educativa. Ademais, o evento contará coa presenza da Stand e Roadshow de INCIBE, onde os asistentes poderán realizar diferentes actividades dinámicas de formación e concienciación relacionadas coa ciberseguridade.
Proximamente publicarase o programa completo do Encontro e tamén será aberta a inscrición para o resto de actividades.
