Espazos
Co obxecto de acompañar ás familias na educación dixital dos seus fillos e fillas, chega unha nova edición do programa «Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade», unha iniciativa promovida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a AMTEGA para axudar ás familias a afrontar con confianza os novos retos e desafíos da contorna dixital.
Internet, as redes sociais, os videoxogos ou os dispositivos móbiles forman parte do día a día dos nenos, nenas e adolescentes. Pero, estamos preparados para acompañalos?
A través deste obradoiro práctico, as familias adquirirán recursos e coñecementos para promover hábitos dixitais seguros, protexer a privacidade e previr os principais riscos en liña.
CONVOCATORIA:
A convocatoria xa se atopa publicada e o prazo de presentación de solicitudes está aberto desde o pasado 17 de setembro, contando con 20 días naturais para a súa formalización.
Ligazón á convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/50786
