Novos recursos dixitais no Repositorio de Contidos Educativos
Imaxe
recursos

 

O Repositorio de Contidos Educativos do espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 47 novos contidos educativos en formato dixital, creados no eido das licenzas por formación do último curso académico.

A maiores, fíxose unha revisión dos contidos asociados a tecnoloxías obsoletas (como o flash player) para que todos os recursos sexan de utilidade para a comunidade educativa galega. Tamén se recuperaron varios recursos de antiga incorporación, que presentaban problemas de visualización.

Coa nova actualización do Repositorio acádanse os 1.780 recursos, dispoñibles en varios idiomas e para distintos niveis educativos. Todos os recursos dispoñen da opción de descarga, que fan posible a súa incoporación posterior nas aulas virtuais dos centros.

Nesta nova actualización inclúense os seguintes recursos procedentes de licenzas por formación:

Contiños para despertar versos (Audiocontos)
Autoría: Carmen Pérez Fernández
Curso: Educación Infantil
Materia: Interdisciplinar

Imos ler
Autoría: Rosario Vázquez Freire
Curso: 1º Educación Primaria
Matería: Lingua Galega

UD integradas 4º Primaria
Autoría: José Manuel Bouzán Matanza
Curso: 4º Educación Primaria
Materia: Integrado (case que a totalidade das áreas do nivel)

Imos votar! Participando nos procesos democráticos
Autoría: Belén Pérez Aldariz
Curso: 1º, 2º, 3º e 4º Educación Secundaria Obrigatoria
Materia: Lingua e Literatura Galega

As capacidades físicas
Autoría:Jesús Lojo Dávila
Curso: 3º Educación Secundaria Obrigatoria
Materia: Educación Física

Mostraxe e estimación
Autoría: María José Vázquez Cancelo
Curso: 2º Bacharelato
Materia: Matemáticas

A Linguaxe de Argen
Autoría: Iria Portas Conde e Marcos Padrón Gómez
Curso: 4º Grao Elemental das Ensinanzas Especiais de Música, Conservatorio
Materia: Linguaxe Musical

Aquelas persoas que teñan interese en compartir material dixital no Repositorio de Contidos Educativos do  portal espazoAbalar, poden escribir un correo ao enderezo cafi.tic.contidos@edu.xunta.gal, onde se darán instrucións en canto ao xeito de proceder e as indicacións sobre os criterios de calidade a ter en conta para publicar no Repositorio.