Novos recursos dixitais no Repositorio de Contidos Educativos
Imaxe
Novos recursos dixitais

 

O Repositorio de Contidos Educativos dentro do espazo Abalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 17 novos contidos educativos en formato dixital, creados no eido das licenzas por formación do último curso académico.

Materiais co gallo do Día das Letras Galegas 2023, adicado a Francisco Fernández del Riego que poden ser de axuda para traballar esta efeméride:

Aquelas persoas que teñan interese en compartir material dixital no Repositorio de Contidos Educativos do Espazo Abalar, poden escribir un correo ao enderezo cafi.tic.contidos@edu.xunta.gal, onde se darán instrucións en canto ao xeito de proceder e indicacións sobre os criterios de calidade a ter en conta para publicar no Repositorio.

Nesta nova actualización inclúense os seguintes recursos procedentes de licenzas por formación:

  • CONCIENCIA-T

Autoría: Erica Ordóñez Pardo

Curso: Educación Infantil

Área: Linguaxes

  • Os días D e as semanas S

Autoría: José Antonio Vicente Rodríguez

Curso: 4º Educación Primaria

Área: Transversal

  • Unha peza para cada festa?

Autoría: Ana Miranda Saburido e Jessica Miranda Saburido

Curso: 6º Educación Primaria

Área: Música

  • Ao son da nosa música

Autoría: Manuel Maseda Deán e Martiño Ramos Soto

Curso: 2º Educación Secundaria

Área: Música

  • Aí falaches!

Autoría: María del Pilar Buela Piedra e Juan Carlos Montejano Rivas

Curso: 3º e 4º Educación Secundaria Obrigatoria

Área: Lingua Galega e Literatura, Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía

  • LEGO_pretexto

Autoría: Fernando Pazos García e Mercedes Sans Boga

Curso: 3º e 4º Educación Secundaria Obrigatoria

            Área: Lingua Galega e Literatura e Lingua Castelá e Literatura

  • Botamos a lingua a pracer!

Autoría: Susana González Vázquez e Estela Suárez Recouso

Curso: 4º Educación Secundaria

Área: Lingua Galega e Literatura

  • U-la chave do tesouro? Un xogo de investigación para aprender léxico

Autoría: Beatriz real e Ángel Cañas

Curso: Educación Secundaria e Bacharelato

Área: Lingua Galega e Literatura