Obradoiro “Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais”.

Co obxecto de impulsar a importancia da ciberseguridade e do uso responsable dos dispositivos e as tecnoloxías desde idades temperás, preséntase o obradoiro “Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais”.

A iniciativa, liderada desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), pretende achegar ao alumando de 2º, 3º e 4º da ESO o fundamental dunha apropiada xestión da súa identidade dixital.

Desde unha perspectiva eminentemente práctica, o obradoiro ensinará a configurar as opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis de actualidade entre o alumnado. Pretende ser un punto de inflexión no uso seguro das súas redes sociais máis habituais.

Acceso á solicitude: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38874

 

Imaxe
Cartel