Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital

Actuacións para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas no 1º trimestre do 2024.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia continúa a fomentar as vocacións STEAM na infancia e a adolescencia, impulsando o talento galego dende idades temperás a través das actividades e iniciativas do catálogo do Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital.

Durante o primeiro trimestre do ano, Altia, empresa colaboradora do Plan, estará impulsando a V edición do Programa GenTech, co que busca fomentar o atractivo vocacional do alumnado de Bacharelato nas carreiras STEM a través da celebración dunha sesión GenTech nos Centros educativos interesados.

As sesións están enfocadas a xerar espazos para a conversa entre os mozos/as e o persoal experto de Altia, que exporá a súa experiencia nas profesións científico-tecnolóxicas dende unha perspectiva real, práctica e inspiradora co obxectivo de espertar nos rapaces e rapazas o seu xen tecnolóxico . Máis información

  • Período de inscrición: Ata o 31 de xaneiro de 2024. Inscrición.
  • Período de celebración: Do 1 de febreiro ao 30 de abril de 2024.
Imaxe
DigiTalent