Somos Cibernéticas, IV edición

Co obxecto de contribuír a reducir a brecha dixital de xénero no ámbito técnico, comprácenos presentarvos a cuarta edición do Evento para o fomento do Talento Feminino en Ciberseguridade: «Somos Cibernéticas».

A iniciativa, liderada desde a Amtega, quere axudar a impulsar que cada vez máis mulleres desenvolvan as súas carreiras profesionais na ciberseguridade. Esta xornada estará composta por dous bloques diferenciados:

  1. Conferencia «Rompendo códigos e barreiras: o talento feminino en ciberseguridade (sesión en liña)» a cargo de Pilar Vila: exporá o valor do talento feminino na ciberseguridade, as demandas do sector e o seu enfoque á inserción laboral en ciberseguridade, desde a propia experiencia de vida da relatora.
  2. Desafíos de ciberseguridade: a través duns talleres prácticos, as participantes enfrontaranse a 5 desafíos capitaneados por outras tantas mulleres especialistas en ciberseguridade, que serán as encargadas de introducir aos participantes en distintos aspectos relacionados coa ciberseguridade.

O evento terá lugar o martes 6 de Maio, entre as 10:00 e as 13:00 e está orientado a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato, a conferencia que terá lugar entre as 10:00 e as 11:00 poderá ser seguida na modalidade en liña por calquera persoa interesada nesta materia. Se queredes máis información: Evento Talento Feminino

Pódeste inscribir nesta interesante xornada en liña na seguinte ligazón. Unha vez o teñas feito, recibirás no teu correo instrucións para acceder ás retransmisións.

Nós contamos contigo, e ti contas connosco?

 

Consulta o programa do evento:

PROGRAMA DO EVENTO "Somos Cibernéticas IV edición"

 

Imaxe
Cada clic conta