Espazos
O vindeiro luns 7 de outubro ás 14h finaliza o prazo para que os centros educativos de toda Galicia poidan inscribirse á IV Edición do Concurso Ciberseguridade no cole! O certame está dirixido a alumnado de 5º e 6º de primaria, e 1º e 2º de secundaria.
Para participar, a inscrición debe realizarse aquí.
Como se adiantaba, o obxectivo é a concienciación no ámbito escolar ante os riscos no uso de medios dixitais, ante a tecnoloxía que os rodea no día a día. Todo isto dun xeito moi ameno, participativo e colaborativo!
Aqueles centros que se clasifiquen na primeira fase, poderán desfrutar da xornada final presencial o día 7 de novembro no IV Encontro CIBER.gal. Esta final contará coa participación da coñecida Esther Estévez (do programa DígochoEU) como dinamizadora e presentadora do concurso!
Haberá regalos para todos os centros finalistas!
Animámosvos a todos a aproveitar e desfrutar desta experiencia totalmente gratuíta!