Tráeme Privacidade

Tráeme Privacidade

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable do tratamento

Xunta de Galicia – Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Finalidades do tratamento

Comprobación do alumnado que sube nas distintas paradas das rutas de transporte escolar.

Lexitimación para o tratamento

Consentimento da persoa interesada

Destinatarios dos datos

Non se prevén comunicacións a terceiros

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o consentimento segundo se recolle en

https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional

https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Permisos de Android relacionados coa privacidade solicitados por esta aplicación

Contactos:

Permite o acceso a lista de contas de usuarios utilizado por Android.

O permiso solicitado está relacionado co servizo de notificacións, en algúns teléfonos as notificacións móstranse na parte superior do teléfono (área de notificacións). Este permiso utilizase para proporcionar soporte as versións de Android 4.04 e inferiores.

Teléfono:

Permite a lectura do estado do teléfono incluíndo o número de teléfono do dispositivo e a información do teléfono (ID dispositivo e versión do Android).

O permiso solicitado utilizase para asegurar que so o usuario rexistrado accede a información, evitando o acceso por parte de terceiros, e xerando unha canle de comunicación cifrada extremo a extremo.

Almacenamento:

Permite a lectura e/ou escritura en tempo de execución no almacenamento externo (tarxeta SD).

O permiso solicitado utilízase para gardar datos da sesión de usuario.

Outros permisos utilizados por esta aplicación:

Internet:

Permite ó acceso a internet

Este permiso utilizase para recibir e enviar información a través da internet. Dende o momento do rexistro todos os datos e información son cifrados a través dunha canle segura co fin de protexer a privacidade da información.

Permisos de iOS relacionados coa privacidade solicitados por esta aplicación

Cámara e galería de fotos:

Precísase para poder cambiar a foto de perfil dos alumnos.

Datos persoais:

Precísase para a autenticación do usuario.
O permiso solicitado utilizase para asegurar que so o usuario rexistrado accede a información, evitando o acceso por parte de terceiros, e xerando unha canle de comunicación cifrada extremo a extremo.

Internet:

Permite ó acceso a internet
Este permiso utilizase para recibir e enviar información a través da internet. Dende o momento do rexistro todos os datos e información son cifrados a través dunha canle segura co fin de protexer a privacidade da información.

A Xunta de Galicia elaborou a aplicación Tráeme como unha aplicación gratuíta. Este servizo é proporcionado pola Xunta de Galicia sen custo e coa fin de ser usado tal e como se facilita.

Esta páxina emprégase para informar ós visitantes sobre as nosas políticas sobre a recompilación, uso, e divulgación da información persoal no caso de que alguén decida usar o noso servizo.

Se vostede escolle usar o noso servizo, entón accede á recompilación e uso de información en relación con esta política. A información persoal que recompilamos úsase para prover e mellorar o servizo. Non compartiremos esta información con ninguén excepto o descrito nesta política de privacidade.

Recompilación de información e uso

Para unha mellor experiencia mentres se usa o noso servizo, quizais necesitemos que nos facilite certa información persoal identificable. A información que se solicita será gardada por nós e utilizada como se describe nesta política de privacidade.

A aplicación usa servizos de terceiros que quizais recompilen información utilizada para identificalo.

Ligazóns ás políticas de privacidade dos servizos de terceiros utilizados pola aplicación

Queremos informarlle de que sempre que use o noso servizo, en caso de que se orixine un erro na aplicación recompilamos datos e información (a través de produtos de terceiros) no seu teléfono chamado “Log Data”. Este “Log Data” pode abarcar información como a “IP” do seu dispositivo, nome do dispositivo, versión do sistema operativo, a configuración da aplicación cando está utilizando o noso servizo, a hora e data na que utiliza o servizo e outras estatísticas.

Cookies

As “cookies” son arquivos con unha pequena cantidade de información que se usan habitualmente como identificadores anónimos únicos. Son enviadas ó seu navegador dende as páxinas web que visita e almacenadas na memoria interna do seu dispositivo.

Este servizo non usa “cookies” explicitamente. De tódolos xeitos, a aplicación podería usar código de terceiros e librerías que usan “cookies” para recompilar información e mellorar os seus servizos. Vostede ten a opción de aceptar ou rexeitar estas “cookies”. Se escolle rexeitalas pode que non lle sexa posible utilizar algunhas partes do servizo.

Provedores de servizos

Poderiamos empregar a terceiros ou individuais polas seguintes razóns:

  • Para facilitar o noso servizo;
  • Para prover o servizo no noso nome;
  • Para executar servizos relacionados co noso servizo; ou
  • Para asistirnos ó analizar como é utilizado o noso servizo.

Queremos informar ós usuarios do noso servizo que os terceiros mencionados teñen acceso á súa información persoal. A razón é levar a cabo as tarefas que se lle asignaron no noso nome. De tódolos xeitos, están obrigados á non divulgación ou uso da información para ningún outro fin.

Seguridade

Valoramos que nos confíen a súa información persoal, así que nos esforzamos en usar medios comercialmente aceptables para protexela. Recordemos que ningún método de transmisión de información por internet, ou medio de almacenamento electrónico é 100% seguro e fiable, e que non podemos garantir a absoluta seguridade.

Ligazóns a outros sitios

Este servizo podería conter ligazóns a outros sitios web. Se vostede fai click nunha ligazón de terceiros, será redirixido a esa dirección. É importante recordar que estes sitios externos non son operados por nós. Polo tanto, recomendamos encarecidamente que revisen as políticas de privacidade dos mesmos. Non temos control ni asumimos responsabilidade polo seu contido, políticas de privacidade, ou prácticas de ningún sitio ou servizo de terceiros.

Privacidade dos nenos

Estes servizos non van dirixidos a ninguén con idade menor de 13 anos. Non recompilamos a propósito ningunha información identificable de nenos de menos de 13 anos. No caso de que descubramos que un neno menor de 13 anos nos facilitou a súa información persoal, inmediatamente borrariamos esta información dos nosos servidores. Se vostede é o pai ou titor legal e está ó tanto de que o seu fillo/a nos proporcionou información persoal, por favor contacte con nós para que poidamos realizar as accións necesarias.

Cambios nesta política de privacidade

Esta política de privacidade poderá ser actualizada. Polo tanto, recomendamos revisar esta páxina periodicamente para estar ó tanto dos posibles cambios. Notificarase de calquera cambio publicando a nova política de privacidade nesta páxina. Estes cambios serán efectivos de maneira inmediata despois de ser publicados.

Contacte con nós

Se ten algunha pregunta ou suxestión sobre a nosa política de privacidade contactar con:

https://www.edu.xunta.gal/portal/uac

En cumprimento co establecido na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámoslle que os seus datos persoais serán tratados e quedarán incorporados en un ficheiro, responsabilidade da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades rexistrado na Agencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de que os pais ou titores poidan seguir a actividade educativa dos seus fillos no seu móbil, así como para facer chegar comentarios ou incidencias relativos á aplicación.