Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 54 novos recursos educativos dixitais

O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 54 novos contidos educativos en formato dixital, creados no eido das licenzas por formación dos tres últimos cursos académicos.

Coa nova actualización do repositorio acádanse os 1699 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Nesta nova actualización inclúense os seguintes recursos procedentes de licenzas por formación:

 

Materiais didácticos para a NOSA

Autoría: Raquel Rendo Martínez e Xosé Díaz Díaz.

Curso: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO.

Área: Bioloxía, Física e Química, Tecnoloxía e Matemáticas.

 

Materiais multimedia de EF para alumnos lesionados

Autoría: Alberto Rodríguez e Dorinda Seijo

Curso: 1º ESO

Área: Educación Física

 

Roma, Hispania Romana e Gallaecia

Autoría: Xosé Manuel Suárez Martínez 

Curso: 1º ESO

Área: Xeografía e Historia

 

Fauna Galega

Autoría: María Belén Lorenzo Arenal

Curso: 1º ESO

Área: Bioloxía e Xeoloxía

 

Aula de ciencias naturais

Autoría: José Antonio Martínez Lista

Curso: 4º Primaria

Área: Ciencias da natureza

 

Objetif B1

Autoría: Marta Basante Alonso

Curso: 4º ESO

Área: Francés

 

Os procesos electorais

Autoría: Belén Pérez Aldariz

Curso: ESO

Área: Lingua Galega

 

Unidades didácticas interdisciplinares e plurilingües para Física e Química de 2º ESO

Autoría: Sandra Juiz Río e Nuria Rodríguez Caloca

Curso: 2º ESO

Área: Física e Química

 

El escuadrón de la muerte

Autoría: Eva Janeiro Torres e María Paz Bermúdez

Curso: 4º ESO

Área: Matemáticas

 

Procedente dunha cesión de dereitos, de Xosé Antón Vicente Rodríguez:

A granxa de Pepito

Curso: 2º Primaria

Área: Lingua galega

 

BreakOut Edu - Misión: A por la vacuna del coronavirus!

Curso: 4º Primaria

Área: Matemáticas

 

Que animal é?

Curso: 3º Primaria

Área: Ciencias da natureza

 

Aquelas persoas que elaboran material educativo e estean interesadas en ceder este material para o seu uso no reposito de contidos dixitais espazoAbalar, teñen a súa disposición un procedemento no que se explican os pasos a seguir.