Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 82 novos recursos educativos dixitais

O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 82 novos contidos educativos en formato dixital, creados no eido das licenzas por formación do curso pasado, así como con recursos cedidos polo profesorado galego.

Todos os recursos dispoñen da opción de descarga, que fan posible a súa incorporación posterior nas aulas virtuais dos centros.

Coa nova actualización do repositorio acádanse os 1760 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Aquelas persoas que elaboran material educativo e estean interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais espazoAbalar, teñen a súa disposición un procedemento no que se explican os pasos a seguir.