A Axencia de Modernización Tecnolóxica (Amtega) pon en marcha o Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030” no marco do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.
O obxectivo do concurso é facer participes aos máis novos neste proceso e coñecer como imaxinan que a transformación dixital cambiará a sociedade galega nos próximos 10 anos a través dun microrrelato.
Participantes
Alumnado de 1º a 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) ou 1º e 2º de Bacharelato de centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha idade comprendida entre os 11 e os 18 anos (ambas as dúas inclusive).
Inscricións
O período de inscrición estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2020. O persoal docente será o responsable de inscribir aos seus alumnos e alumnas interesados/as en participar.
Prazo de entrega
O prazo para enviar o material do alumnado previamente inscrito estará aberto ata o día 7 de febreiro de 2020.
Para máis información consultar a web: amtega.xunta.gal/edg2030/concursos
- Bases do Concurso
- Autorización para participar no concurso “Viaxe ao 2030”
- Formulario de inscrición
- Cartel “ Viaxe ao 2030 ”
