Coa finalidade de implementar nos cursos 2020/21 e 2021/22 nos centros escolares sostidos con fondos públicos que impartan educación primaria da Comunidade Autónoma de Galicia, o proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, acaba de convocarse o proceso de selección dos centros.
As solicitudes segundo o documento anexo deberán presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento xenérico PR004A, dirixindo a solicitude a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) de Presidencia.
Ademais, remitirase copia da solicitude e da documentación ao correo electrónico digicraft@edu.xunta.es segundo os prazos establecidos.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ata o 26 de xaneiro de 2021.
Resolución do 5 de xaneiro de 2021
Corrección de erros convocatoria Digicraft