DigiTalent – Actuacións para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas no 2º trimestre do 2022.

O catálogo DigiTalent segue a impulsar actuacións dirixidas á infancia e á adolescencia, co obxectivo de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os máis novos e novas co desenvolvemento das seguintes iniciativas de abril a xuño do 2022:

  • Webinars TransformaTech Sessions: A categoría de Talento Xove do ciclo de encontros virtuais sobre tecnoloxías disruptivas liderados pola Amtega celebra o 11 e o 20 de maio os derradeiros relatorios deste trimestre co fin de implicar á mocidade nas novas tendencias tecnolóxicas e na súa aplicación nunha sociedade cada vez máis dixital. (Detalle)
    • Período de inscrición: Ata o 20 de maio do 2022.

 

  • Actividades escolares no marco do Día de Internet 2022. A Asociación de Usuarios de Internet pon en marcha retos e concursos destinados ao alumnado e profesorado de educación infantil, primaria e secundaria co fin de mellorar e profundar na visión que os rapaces e rapazas teñen das novas tecnoloxías e a fenda dixital entre as persoas maiores. (Detalle)

 

  • DXC Iberia Codes. A través da tecnoloxía Scratch, nenos e nenas de 5º de primaria ata 4º de secundaria poden participar neste concurso de programación creando un videoxogo de aventuras centrado no desafío da loita contra o cambio climático. (Detalle)
    • Período de inscrición: Ata o 13 de maio do 2022.

 

  • Visitas ao Data Center de Altia. Continúa aberto o período de inscrición para que os centros educativos visiten o Data Center de Altia en Vigo, co fin de aumentar o interese dos máis novos e novas nas novas profesións dixitais. (Detalle)

 

  • Visitas ao Museo Didáctico das Telecomunicacións. Ábrese o período de inscricións para visitar, da man de Telefónica, o Museo Didáctico das Telecomunicacións da Coruña. Os centros educativos interesados poderán desfrutar dun percorrido dinámico ao longo da historia da telefonía e as comunicacións, explorando os equipos e dispositivos que foron dando servizo a través do tempo ata a actualidade. (Detalle)
    • Período de inscrición: A partir do 4 de abril do 2022.

 

  • Curso de robótica. No mes de abril dan comezo os obradoiros lúdico-formativos sobre programación de robots impulsados por Inetum. A través do coñecido xoguete de pezas Lego, ensinarase aos máis pequenos e pequenas a "programar" certas accións co fin de fomentar a creatividade e as competencias e habilidades dixitais na infancia. (Detalle)
    • Período de inscrición: Do 18 de abril ao 8 de xuño do 2022.

 

Todos os detalles destas actuacións así como as instrucións para participar están dispoñibles na web digitalent.xunta.gal/gl/actividades/infancia-adolescencia